» banda deseñada »  publicación
A historia xamais contada xamais contada
2010 | Álbum

 

Conta a particular viaxe de Ramón, un guionista de cine que, necesitado de facer un traballo por encargo, trasládase a un lugar aillado na costa onde pretende escribir algo baseándose nun curioso método creativo da súa invención. Alí coñece a Ramiro e a Laura, dous personaxes que tentan curiosear no oficio de Ramón e que queren coñecelo máis de preto. Nun principio el tenta afastarse deles e aillarse, como era a súa intención, mais as vivencias ás que inevitablemente se verá abocado con estas dúas persoas farán que reconsidere totalmente a súa vida e o seu oficio, e que reflexione sobre a natureza do feito creativo dun xeito que nunca fixera antes.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2010
Textos en galego, castelán, francés, inglés, chinés
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: VG 1028-2010
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Álbum
Formato: rústica, 21 x 14,85 cm, 100 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 12 euros
Tiraxe: en galego 1000 exemplares e en castelán 400 exemplares
Distribución: realizada polo autor, tanto en papel como dixitalmente
Entidade: Consellería de Cultura e Turismo,

autores

marianocasas.jpg
Casas, Mariano
Debuxante
Guionista




  Noticias relacionadas

Menos postos e máis sinaturas no Saló del Còmic de Barcelona
Publicado o 3 / 5 / 2012
A BD Galega non conta con presenza institucional por segundo ano consecutivo

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org